sábado, 20 de agosto de 2016

COMO ENTENDER A OS  GALEGOS
1-En Galicia ninguén sobe nin baixa a escaleira               
    Queda non medio
2-Aquí non che chamarán por teléfono, só
    Daranche un toque
3-Tampouco che saudarán ao paso, diranche
    Boaaaas
4-O galego non tratará de convencerte    
    Comeráche a orella
5-El nunca busca unha cita, só queda    
    Para botar unhas risas
6-O galego non se lanza                               
    Éntrache
7-Non é que non o entenda                        
    Non o pilla
8-Tampouco se inmuta                              
    Bohh
9-Nin  nunca se impresiona?                          
   Non te tires
10-O galego non corre a toda velocidade
     Sae fostia
11-Nunca está en problemas porque                      
     Reláxase
12-Nin é un presuntuoso                             
     É un flipado
13-O galego non é un bo amigo              
    É un colega para toda á vida
14-Non di vou e volvo                               
     Sabe cando vai pero non cando volve.    




 10 Cousas que facer en Galicia  una tarde de verán se chove.

1-         Ir á praia.Temos a sorte de poder  ir á praia tamén os días de choiva, sempre son mellores os de inverno, pero por que desprezar os de verán?.
2-        Ir algunha festa de patrón que teñamos preto de casa.Sempre haberá unha, incluso algunha festa gastronómica, ata  temos Festa do lagostino.....Os galegos por comer , buscamos calquer escusa.
3-        se orballa é o día perfecto para percorrer unha fraga, o cheiro  a terra  húmida é un dos  cheiros que sempre se conservan na mente, así como o cheiro a herba recentemente cortada.
4-        Escoitar os contos dos avós , non perdamos a tradición oral,todo nin esta escrito  nin esta en Google.
5-        Aprender a facer  empanada,licor  café,licor de herbas..algún día ti poida que queiras  facelo ,os avós non duran toda a túa vida.
6-        Sempre  hai algún alprende onde se pode tocar unha gaita ao redor dunha mesa cuns amigos e rematar cunha queimada.Quen di gaita di guitarra  eléctrica….
7-        Ver como chove . É un privilexio ver chover.Non valoramos o que temos  ata que o perdemos.Isto non é o Sahara.
8-         Ir recoller moras para facer marmelada caseira.
9-         Visitar  con amigos unha de tantas  aldeas abandonadas que temos en Galicia  e facer plans de como o  arranxariamos se tivésemos cartos.
10-    volver ver todas as entradas deste blogue.Unha aperta e grazas por seguirnos




viernes, 19 de agosto de 2016

  QUE NON FACER SE CHE CONVIDAN  A UN CHURRASCO
1-      Aínda que che convide o teu cuñado ,nunca dicir que non,non sabes cando comerás o  próximo …
2-     Se che din que compres a carne, négate sempre, logo se sae  mal,a culpa será túa, pola calidade
da carne ou dos criollos. ou sabe  Deus o que, pero será a túa culpa.
3-Nunca digas que fas ti a salsa chimuchurri, a do que o fai é a mellor do mundo. Lémbrao cando a  tragues e non poñas cara de que...que cona é esta salsa?.
4-Para calcular a cantidade de carne nunca será en función delo que ti comes, sempre en función de canto queres que sobre.
5-Sempre hai un que sabe que cantidade de brasas son necesarias para que se faga  toda a carne, cando salga este tema...xa sabes é o momento de ir a por unha cervexa.
6-Criollos ou chourizos vermellos....esa pregunta sempre esta de máis, dos dous.E a cantidade? Iso é fácil.A metade do cuarto do peso da carne  partido por dúas e multiplicado pola diferenza de peso sobrante da salsa chimichurri. Se están bos sempre se comerían máis, se non o están sempre sobran.
7-Cantas patacas? Que fácil é de responder...se hai churrasco, para que queremos patacas.Sempre  haberá algún que lle encanten as patacas....que vaia a cavalas el e tráiaas.Por que logo..cocidas ou fritidas?-
8-Se vai un arxentino dálle ensaladilla para comer.O seu churrasco sempre será moito mellor.Diracho, sen présas, dándolle voltas e ao final non sabes se lle gustou ou non,pero terías unha consulta de psicólogo gratis.
9-E se vai un arxentino e un  uruguaio..ponos xuntos
e que discutan cal é o mellor dos churrascos e a mellor forma de facelo.Que  saibas que non se van a poñer de acordo.
10-Antes de empezar a comer..dá unha volta pola leira e busca un bo sitio para a sesta.
11-Sabes que a túa avoa non fai churrasco, sempre lle parece que é mellor un cocido , que a carne de churrasco son todo ósos.O churrasco é unha cousa mais moderna.Ela terá preparado uns ovos fritos por se  quedaste con fame.
12-cando digan:"o próximo na túa casa",non digas nada.Como bo galego será o teu momento para que fagas os criollos que queiras, os chourizos vermellos, a cantidade de carne ,as  patacas cocidas , a ensalada de leituga e o chimichurri como tí queiras.As brasas...para iso sempre haberá un experto e será o teu momento para ir por unha cervexa




jueves, 18 de agosto de 2016

Por que tes que ir ao Levante  de vacacións  e non a Galicia.  
 1-Teñen máis de 40  graos  á sombra,nós temos que poñer  chaqueta polas noites 
 2-Hai estupendos chiringuitos de praia  onde serven  paellas  por só 25 €  prato,
     aquí ese por ese prezo comemos  soamente un prato de percebes. 
3- -Sempre hai xente na praia ,en Galicia    hai praias desertas onde te sentirás só.
4-Se queres comer nunha terraza  no levante só tes que esperar un par de horas .
    En Galicia , a non  ser Sanxenxo, podes comer sen   facer cola
  5- A auga este tan quente que  parece que  estas dandote un
      baño na túa casa.Nosa auga esta fría e dáche a sensación de estar vivo
  6- Hai xente de todas as nacionalidades, podes aprender idiomas.
      En Galicia con dous, galego e  español arránxas
  7-  No Levante  se vas ás 8 da mañá tes sitio en primeira linea de praia,
       en Galicia a calquera hora que vaias podes coller o sitio que  menos che guste.
  8- Por unha  praia do levante pódeste atopar co teu veciño, cun pouco de sorte.
      En Galicia se queres non te atopas con ninguén só contigo mesmo.
  9- O bo que ten o levante  é que sempre recoñeces a paisaxe e sabes onde estas
      por os edificios, en Galicia pódeste perder por calquera camiño  sen que te deas conta.
10- Por esa zona pódese atopar cun grupo de ingleses  montando unha esmorga ,
      aquí como moito uns madrileños  que saben de todo , pero de todo.
11- Unha vez que  vas  ao Levante, sempre queres repetir.
     Cunha vez que veñas a Galicia  é mais que suficiente.Chegate.
12- Hai cidades de mais de 500.mil habitantes. que tardas dias en percorrer ,
      sempre tes o coche  para facelo.Nós temos cidades mais pequenas  que
      percorres facilmente  case andando.
13- Se  vas por Valencia  podes ver a cidade das artes, aquí soamente temos a Catedral de Santiago

14- A vantaxe desa zona é  a horta ,é fantástica.En Galicia como moito poderás
      comer algo dunha horta de alguén que cultive para o e non o comercializa.
15- A tradición das fogueiras poderás vela en todo o levante, en Galicia como
      moito só poderás estar na praia a noite de San juan facendo unha fogueira ,
      como en Riazor
16- Teñen  a mascletá....fantástica .En Galicia  repártena e están  a tirar
      lumes cada noite  nas verbenas do  patrón.
17- Podes facer surf sen perigo a facertee  dano, en Galicia  ten
      coidado hai ondas de  5 metros e máis.
18- Engade o teu motivo




miércoles, 17 de agosto de 2016

 1.- Non sempre chove, pero chove moito
  Galicia é verde por que chove, pero iso non quere dicir que  saias de León e transfórmese isto nun clima amazónico. Moitos non saben  que  Vigo ten os mesmos días de sol que as  Canarias.
2-O mellor licor de café é que se fai en casa.
  Nada como o licor de café caseiro, pero ten coidado, haino en todas as  casas e se te decides a probar todos, sairás cunha  boa bebedeira, ademais todos dirémosche que o mellor é o que fai a nosa avoa e mesmo nós .
3-Sempre  hai que levar unha chaqueta
  Non fai falta que o expliques, simplemente que a leven e logo daranse conta por que llo dicías.
4-Por qué esta tan verde  Galicia?
  Dilles a  verdade...non lles mintas...Os  galegos saímos todas as noites a regar, é un segredo que temos gardado e así levamos  facéndoo durante xeracións.
5- Sempre queren marisco
  Lóxico , é o mellor do mundo. Pero que se centren, aquí non hai lagostinos, que coman unha boa  centola , nécoras,percebes..
6- O polbo non é marisco
  Por moi ben que saiba o polbo á feira,non é un marisco, auqnue sexa máis caro que algúns é un
cefalópodo  (cabeza con pés )
7-Ningún galego é feo, é riquiño.
  Xa sabes, todo é mellorable e mesmo empeorable, pero....es o que hai e sempre  buscamos  o interior,mais que nada por se o  exterior non convence.
8-Non vale para nada o GPS, mellor que pregunten a alguén
  Dada a cobertura poida que  estean a chegar onde quedastes e de súpeto  sálgalles o mapa de Portugal.Mellor preguntar pola casa dun.Todos nos coñecemos en Galicia e sempre  haberá alguén que lles indique.
9-Explícalles que non é que non nos guste a praia,o que non nos gusta son as aglomeracións.
  Se os levas a unha praia con pouca xente, non é que  non nos guste se non que o que nos gusta é que haxa pouca xente na praia.Sempre temos "a nosa " praia secreta.
10-Recomiendales que fagan dieta un mes antes de vir 
  Non farei ningún  comentario sobre isto.Comemos, encántanos comer, non só a cantidade, se non a satisfacción da comida.Todo  galego cando come con amigos    fala da próxima comida. somos raros...non?
11-No verán anoitece a iso das 11
Dille que se chama luscofusco e se podes lévao a unha Praia a isa  hora.
12-Cando se vaian  á súa casa, dilles que sigan dicindo que chove en Galicia 

Non vaia a ser que se nos encha de turistas

martes, 16 de agosto de 2016


QUE SIGA O ENTERRO
    Era unha muller mui folgazana, e non quería traballar. Polo que pasaba fame e estaba tan fraca que daba pena vela. Un día os veciños foron canda ela e dixéronlle:
    - Mira, coma ti calquera día morres de pé e nos andamos atareados no traballo, imos levarte ó cemiterio e asi queda o traballo feito.
Asi fixeron, e cando pasaba o enterro por dianta de unha casa, salíu unha muller caritativa que dixo:
    -Non a enterredes, que lle dou eu unha fanega de pan.
    Pero, en esto, levantou a cabeza a vella fogazana, e preguntóu: 


    - Ise pan, ¿é crudo ou cocido?
    E, cando lle dixeron que crudo, contestóu:
    -Pois que siga o enterro.
É por iso, que moitas veces, cando alguen vaguea, a xente dí :  'Que siga o enterro'


Un home, que tiñan por medio aparvado, entróu unha vez na botica, e díxolle ao boticario: 
    -¡Ai, señor, cántas moscas ten aquí! 
    -Pois mira - díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un peso. 
    O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seique vinte ou vintecinco. 
    O boticairo iba mirando unha por unha, e íballe dicindo según as separaba: 

    -Esta é "mosco". 
    Separaba outra, e dicía igual: Esta é "mosco". E así todas. Ningunha era moscas, todas eran "moscos". Craro, non llle dieron ningún peso, e fixéronlle a risa. 
    Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e mezclóullo co mel que lle iba a mandar ao boticario. 
    Pasóu o tempo e, un día que foi o home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel. 
    O boticario contestóulle: 
    -Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece que sabía a merda, con perdón. 
    -E máis a tiña  - díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que lle sabe separar as moscas dos moscos, que separe a merda do mel.