A
LENDA DO NOME DA CORUÑA
Hai
varias lendas ao redor da construción do único faro romano eque segue
actualmente en funcionamento. As máis coñecida asegura que un xigante coñecido
como Gerión, rei de Brigantium (Breogán), tiña aos seus súbtitos aterrorizados,
pois lles obrigaba a entregarlle a metade das súas posesións, fillos incluídos.
Un día os súbditos ante a inutilidade de revelarse contra o xigante decidiron
pedir axuda a Hércules, que o retou nunha cruenta batalla. Hércules derrotou a
Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun facho. Preto dese
monumento fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha
muller chamada Cruña, Hércules puxo á cidade o seu nome, A Coruña.

