sábado, 19 de noviembre de 2016

A LENDA  DO NOME DA  CORUÑA


 Hai varias lendas ao redor da construción do único faro romano eque segue actualmente en funcionamento. As máis coñecida asegura que un xigante coñecido como Gerión, rei de Brigantium (Breogán), tiña aos seus súbtitos aterrorizados, pois lles obrigaba a entregarlle a metade das súas posesións, fillos incluídos. Un día os súbditos ante a inutilidade de revelarse contra o xigante decidiron pedir axuda a Hércules, que o retou nunha cruenta batalla. Hércules derrotou a Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun facho. Preto dese monumento fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada Cruña, Hércules puxo á cidade o seu nome, A Coruña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario