domingo, 5 de noviembre de 2017

Esconxuro para a queimada”
-“Lume lumiña que verde camiña
a fraga á lareira e faise lumieira.
Lume de quentura; para a nosa fartura,
lume benzoada, que arrodea á queimada
-
auga do fervedeiro paraamasa do forneiro;
cerqueira de lume sen trasno nin fume,
nin bruxa chuchona, nin meiga dentona.
 -Rolar muiñeiro, chiscar faisqueiro,
Moxena lumiosa, vagalume rosa,
Arco das vellas que aleda ás nenas;
Raioliña do lusco que morre no fusco.
 -Viradoira lus, fagámo-la crus:
polo ar da sorte que escorrenta á norte.
Pola auga da vida que sanda a ferida
pola herba moura que busca a tesoura.
Pola pedra do raio que mata ó meigallo.
 -Lume, lume, lume, lume lumeada,
para aloumiñar a queima queimada,
Na vira virada deste borbullar
 -Polo San Silvestre de pau de alcipreste;
chaga de San Roque, can e palitroque;
polo San Andrés e polo San Iago,
Nun revira vés … , queimada te fago
e queimada és!

Xosé María Pérez Parallé

O Telón de Grelos

Fai xa uns trinta anos, nunha terra olvidade chamada Galicia ó noroeste da Península Ibérica e aislada por un "telón de grelos" da meseta, desarrollouse un movemento cultural cuyo motor foi a música e ao que os contemporáneos denominaron a "movida galega" ou mais concretamente a "movida viguesa".

"FAI UN SOL DE CARALLO". Foi a primeira vez que a palabra carallo traspasou fronteiras e fíxose un himno.

Como ocorreu?
España vivía o postfranquismo, pasáramos dunha dictadura a unha democracia en moi pouco tempo e, todavía quedaban tas de araña que limpar. A transición creou certo desencanto a pesar da autonomía e a aparición dunha televisión pñublica galega. A xente xoven tiña ganas de facer cousas a nivel musical e estético e, esta situación foi o caldo de cultivo.
Alguén que viviu con intensidade esos momentos chegou a dicir: "Todos os días pasaban cousas e tíñamos a sensación de que podíamos facer que pasaran

"FIESTA DE LOS MANIQUIES"
Os bares e a noite foron protagonistas principais de este movemento. Apareceron un monton de grupos de música con influencias musicais moi variadas (punk, pop, rock, tecno, reggae...).
Xente moi xoven que casi sen saber tocar lanzábanse a facer música. Curiosamente, mais aló do Telón de Grelos, na mesma capital, tamén se desenrrolaba a "movida madrileña" e unha e outra darán lugar a unha idade de ouro do pop e rock en España.

"MALOS TIEMPOS PARA LA LIRICA"
Na movida galega, o seu epicentro é, indiscutiblemente, Vigo. Unha cidade de provincias, industrial, con escasa oferta cultural e que en esa época vivía un momento de crisis económica debido á reconversión naval e o paro. Vigo foi o motor e o carro uníronse cidades  como A Coruña ou Santiago,un público  pero tamén vilas mais pequenas ainda que sempre a remolque da primeira. Había moita xente que facía cousas e buscaba o seu mellor medio de expresión, pero tamén existía un público que quería ver e deixarse ver con os seus estilismos rompedores

Moitos dos que viviron aquela época recordan claramente o concerto de Siniestro Total no cine Salesianos o 27 de decembro do 1981 como motor de arranque da movida.

Locais como "El Manco" na calle Lepanto ou o Satchmo foron os primeiros escenarios onde algúns grupos deron os seus primeiros concertos; por alí pasaron Los Cafres, Bromea o Qué?, Siniestro Total...

Rápidamente apareceron outros novos templo da postmodernidad, como El Kremin, La Kama o el Ruralex e tamén dábanse a coñecer outro grupos.

Golpes Bajos, Aereolineas Federales, Semen up, Ultramarinos, Troncoso, Moncho e mailos Sapocanchos ou os Resentidos.

Na Coruña suena música de Radio Océano o Viuda Gómez e hijos e en Lugo, Los Contentos. Santiago facía a súa aportación con un local rompedor e polo que pasarían os mellores grupos do panorama galego e tamén os foráneos que viñan do outro lado do Telón de Grelos, ese local chamábase O Número K.

Ó redor da música desenrrólanse outras actividades como fanzines, revistas, emisoras de radio e, inclúso peluquerías que casan con as novas correntes estéticas.

Os fanzines, pequenas revistas impresas feitas con fotocopias intentan chegar á xente con os mismos intereses culturales, novedades musicais, comics... etc serven de medios de espresión a xoves artistas ou inquetos que colaboran dunha forma desinteresada. Neste campo, a movida viguesa tivo unha amplia representación con Escupe ou Vigorizador.

Pero a estas franzines se suman outro tipo de revistas mais elaborados e con maior presupuesto como La Naval o Tintimám ( o primeiro número saiu en 1984) e era envidiado a nivel nacional.

As emisoras de radio tampouco quixéronse perder o pastel e radio 4 con o programa A Trincheira ou Zig Zang promocionaban os grupos locales e todo o que os rodeaba

"AYATOLA NO ME TOQUES LA PIROLA"

Houbo mais, a clase política tamñen se sumou o
carro e o que mais e o que menos intentou sacarlle rendimento electoral. 
Pero a movida non tiña un carnet político. Era progresista na súa maioría e alguns apoyaron o sector naval ou mobílizáronse en contra da entrada de España na OTAN

"Y BAILARÉ SOBRE TU TUMBA"

A mediados da década dos 80, a movida empezou a seu final, os grupos comezaron a gañar algo de diñeiro con as discográficas e a eufória nocturna foi evolucionando hacia outras movidas, que na actualidade son máis sociais.

sábado, 4 de noviembre de 2017


AS BEIRAS DO CHARCO



12/3/1858
Que tal queridiña? Cheguei xa á Habana, hay moitos galegos, pero a todos fáltannos os fillos e á esposa. Voy ir vivir a unha pensión que ten luz eléctrica e baño, pero ainda así nótaselle a morriña a todo o mundo... Eu cheguei onte e xa desexo volver.
O viaxe foi moi duro é longo e a comida era escasa, ademais o barco iba dando tumbos dun lado pra o outro e era case imposible conciliar o soño.
Mañá empezarei a traballar na construcción dun edificio, espero poder enviar 30 pesetas ó mes!, un besiño Carmiña.
Recordos.


 Pepe.




2/4/1858
Pois nos estamos ben, ainda que carliños enfermou de febres, agora xa está algo mellor pero non deixou de preguntar por ti todos os dias. Os nenos bótante moito de menos igual que eu.
Xa botamos as patacas eu e mais o teu irmán na leira; ó teu pai de que será un bo ano de patacas asi que con as patacas e o diñeiro podremos ir tirando durante o ano.
Espero que te vaia ben no traballo e ten coidado, non quero que te caias dun desos altos andamios.
Besos.


Carmiña.


20/5/1858
Mándoche as 30 pesetas como prometín, o traballo abonda e pagan o xusto pra poder enviar algo á casa. Espero que Carliños esté mellor e que as patacas abonden este ano! Quéroche moito Carmiña e non sabes o que se sufre aquí... De todas formas xa coñocín a algunha xente e xa non estou tan só como cando cheguei. Dalle besos ós nenos, ó meu pai e ó meu irmán.
Saúdos.


 Pepe.


9/6/1858
Ola Pepe, Carlos xa está ben, as 30 pestas viñéronos moi ben, compramos uns zapatos novos e algo de roupa nova para os nenos, e mesmo poidemos ir a afiar todos os coitelos ó ferreiro.
Repítoche que teñas coidado no andamio que sabes que a min iso dame moito medo!.
Besos.


 Carmiña.


6/8/1858
Carmiña... tiñas razón, o andamio era perigoso, cain o mes pasado e rompin unha perna e os médicos din que é posible que non a poda mover de novo... non sei que vou facer para poder mandar diñeiro á casa...
Espero que os medicos se equivoquen e poda volver ó traballo... non lle digas nada os nenos disto.
Un recordo moi forte do teu querido Pepe.


4/9/1858
Ai deus mio Pepe estou moi preocupada... non te tiñas que haber ido para América, agora non temos ningun diñeiro e fun a fabrica de Tabacos a buscar traballo e o conseguín asi que botarei ó dia traballando porque non che pagan por horas, pagan por traballo feito asi que terei que estar moito tempo.
Por favor escribeme rápido e melloráte moito, a verdade e que nada podia sair peor... Quéroche meu Pepe.




30/9/1858
Tranquila Carmiña, ainda non podo camiñar pero os dolores andan a remitir e xa non teño que tomar o medicamento. Ademais encontrei un traballo para darlle o boton dunha máquina pero con este traballo só poderei mandar 10 ou 15 pesetas ó mes, e ben sei que iso non chega pra nada... Sintoo moito Carmiña, eu xa non sei que facer, o dono da pensión chámame "el gallego cojo" e ríese de min, se por min fora, ti ben sabes o que facía pero non podo porque non paguei o ultimo mes e mo perdoou.
Dalle besos a todos, e outro moi fortes para ti, meu amor.
Recordos.


 Pepe.


19/10/1858
Xa comezei a traballar na fábrica, de momento gaño moi pouco porque tardo bastante e liar os cigarros, pero vou collendo practica co paso do tempo. Cómo vai a túa perna?, bueno a peseta que mandes será ben recibida, pero o mais importante e que estés ben.
Ramonciño deixou de ir á escola para coidar os seus irmáns e da horta tamén, terías que ver como traballa, é unha maravilla.
Espero que estés mellor, un bico.


 Carmiña.


13/11/1858
A perna xa non doe pero case non a podo mover, este mes pódoche mandar 10 pesetas, se cadra podeslle comprar un bolo de pan a Ramonciño, como agradecemento por coidar tan ben de todos e polo seu cumpleanos. Estou seguro de que no traballo xa vas mais deprisa e podes gañar algo mais de cartos.
Teño que irme que me chaman pra ó traballo. Un saludo moi forte.


Pepe




4/12/1858
Ola meu Pepe, xa queria aproveitar para che felicitar as Navidades, espero que os nosos deseos cúmpranse. Xa lle comprei o bolo de pan a Ramonciño, lle dixen que era da túa parte e o agradeceu moito, os nenos queren que che diga que te botan moito de menos e que queren que volvas.
Na tabacaleira xa vou mas rápida pero apenas gaño 10 pesetas ó mes. Polo menos finxen algunha amiga pero ainda asi é imposible coñecer a todo o mundo, son 4000 mulleres!.
Me despido con un forte abrazo pra ó meu home.


Carmiña

viernes, 3 de noviembre de 2017


BETANZOS , CAPITAL DO REINO DE GALICIA


O Reino de Galicia foi unha entidade política xurdida na Idade Media como monarquía privativa durante un breve tempo, escindida e reunida en varias ocasións co reino de León e, finalmente, coa coroa de Castela (Castela e León), servindo de base para a conformación contemporánea da rexión de Galicia, precedente histórico da actual comunidade autónoma de Galicia. [cita requirida]

Os antecedentes da constitución do reino de Galicia remóntanse ao século X, ao situar Alfonso III de Asturias aos seus fillos á fronte do goberno de varios territorios do seu dominio: o seu primoxénito García recibiu os territorios ao sur da cordilleira Cantábrica, León; asignou Galicia a Ordoño (Ordoño I de Galicia), que fixou o seu capital en Braga. Ordoño, Galicia e a Fruela, Asturias. Ao final do seu reinado, os tres irmáns levantáronse en armas contra o seu pai, desposuíndoo de todo poder, aínda que non do título real, e á súa morte en 910 foi sucedido no trono leonés por García, que conservou unha posición de supremacía sobre o seu irmáns reis. García faleceu en 914, deixando a Ordoño o trono leonés, acabando así co primeiro reino de Galicia. Con todo, non hai unanimidade para coas afirmacións de que foi xa nesta época cando quedou constituído como reino dentro da Coroa de León, nin tampouco cos períodos de goberno de Sancho, do 926 ao 929, e Bermudo, do 982 ao 984.1?

En calquera caso, é por unha nova repartición do reino de León, á morte de Fernando I en 1065, que García, o seu fillo menor, foi proclamado Rey de Galicia, en dous períodos, de 1065 a 1071 deposto por Sancho de Castela e de 1072 a 1073, ata que foi deposto e encarcerado por Alfonso VI de León e Castela, que asume como rei de Galicia.

Á morte do rei prisioneiro García de Galicia, en 1090, o reino de Galicia é dividido administrativamente en dous condados, tomando como referencia ao río Miño, establecendo o condado de Galicia no norte e o condado de Portugal no sur (que logo sería o xerme da constitución en 1139 do reino independente de Portugal a partir de Alfonso Enríquez).

O rei Alfonso VI de León e Castela, gobernou o reino de Galicia ata a súa morte en 1109, sendo efectivamente o último rei de Galicia, cuxo territorio foi reincorporado ao reino de León, que en 1230, con Fernando III de Castela, foi definitivamente reunido co reino de Castela, na Coroa de Castela.

A denominación de reino de Galicia foi conservada durante o Antigo Réxime,2? ata ser substituída oficialmente coa reforma administrativa española de 1833, aínda que seguiu sendo empregada con fins honoríficos e protocolarios. Algúns sectores políticos han proposto a súa recuperación como denominación oficial da Comunidade Autónoma.3?4?

Tamén se emprega esta denominación para designar, dentro do seu contexto, ao reino que se conformou baixo a autoridade dos suevos entre os séculos V e VI, en parte dos territorios que pertenceron ás provincias romanas de Gallaecia, e do norte da Lusitania,5? e cuxa historia forma parte dalgunhas das reivindicacións historiográficas do galeguismo e corrente próximas.
ROMERIA DO NASEIRO

A Romaría do Naseiro, popularmente coñecida como Romaxe do Bo Xantar (en español: Romeria del buen comer), é unha festividade que se celebra a finais do mes de agosto (o día grande é sempre o cuarto domingo do mes de agosto, aínda que comeza o venres anterior e dura ata o martes seguinte), no val de Naseiro, nunha paraxe que delimitan os meandros do río Landro, entre as localidades de Landrove e Chavín, dentro do concello de Viveiro, a uns cinco quilómetros de Viveiro. É, desde 1967, festa de Interese Turístico Nacional.


No recinto onde se celebra a romaría, conviven miles de persoas que se aloxan en improvisadas cabanas e casetas para comer, cantar, bailar e durmir pouco, entre outras cousas. No val, créase un poboado entre as cabanas, mercadillo, chiringuitos de comida e bebida, os escenarios das orquestras e as atraccións. As cabanas, móntanas desde o estilo menos elaborado e máis económica, ata as moi traballadas, incluíndo desde neveiras a cociñas completas, e desde pequenas radios a equipos de música dignos de calquera discoteca, televisores, etc.

A festa comeza a tarde-noite do venres, o día do polbo, momento en que se consomen miles de racións servidas por pulpeiros mentres resoan as cancións das charangas e os gaiteiros, xa que ese día non hai orquestra.

Cada un dos cinco días está dedicado a unha comida, empezando o venres polo polbo, e seguindo o resto de días co caldo, empanada e a típica sardiñada.

O o luns, ás cinco e media da tarde, realízase o descenso humorístico do Landro desde o Souto dá Retorta, paraxe declarada de interese natural, onde os romeus, con disfraces, e auténticos dispositivos creados con gran imaxinación, descenden o río ata a altura do campo da festa.

lunes, 3 de abril de 2017

O VERÁN EMPEZA CANDO O DIGA EU

Nun caso sen precedentes o  concelleiro de festexos do concello de Arteixon  declarou que a festa patronal será o primeiro día de verán, como todos o anos pero que este ano " o verán empeza cando o diga eu" que xa esta moi farto de ver como os veciños de outros concellos gozan das súas festas mentres eles  aguantan as primeiras choivas.
"De min non ri o concelleiro de festas de Proqueixon-  di Angel Perez. concelleiro de Arteixon- este ano voume a reir eu del "
"Cada ano as sardiñas son mais típicas destas datas, engade  Angel, -e xa estamos cansados de facer cocido no verán , por moito que veñan ao pobo os familiares, se queren cocido que llo traian eles "
E o da canoa , aproveitando que chovía , por medio da rúa Real, vai suprimir, "faremos unhas festas de verán como as de Castela, ou as de Valencia, paella, sardiñas e uns petardos".
O concelleiro ensínanos o proxecto dunha  falla para queimar no canto do descenso de canoa.


Todo isto ten que pasar polo pleno do concello. Ten maioría absoluta 

domingo, 2 de abril de 2017

SEMANA SANTA CELTA
 Novos descubrimentos no castro de Castromao,  Celanova, levaron aos historiadores para  dicir que a Semana  Santa xa a celebraban os celtas, "unhas  cantas confrarías-di Pedro Diaz, un dos arqueólogos- aínda estamos por determinar cantas veces salia cada unha  e como era o trono que portaban "
Por outra banda os aldeáns  din que o que se atoparon  en Castromao é simplemente unha mesa esquecida dunha familia que o os anos 70 ía  comer todos os fins de semana, " Iso é a mesa de Pepe "dá Moita" que venia coa súa muller e os seus fillos para comer  sobre todo no verán -engade Luisa dá cavela, mentres non  para de reirse- e para iso estudaron en Santiago?? - volve a reirse.
A  Unión Europea esta disposta a subvencionar  a escavación sempre que saian por Bruxelas cos pasos de semana santa atopados: " Vimos as procesións de Ferrol e de Viveiro- di Philippe Starck membro da comisión de festexos e procesións de Europa- e queremos que Bruxelas teña a súa propia procesión.
 Pedro Diaz  di  que esta escavacións poida que sexan de 1500 ac.

Seguimos informando .

NO SE PODRÁ TENER ESCALERAS EN  GALICIA

La Xunta esta preparando una ley con el fin  de  que las escaleras desaparezcan de  Galicia.
"Estamos  cansados de que cada vez que ve a un  gallego en una escalera, le pregunten si sube o  baja ".

Esta normativa tiene carácter retroáctivo. Por otra  parte la conselleria de educación promoverá que en los colegios se deje de hablar de escaleras de una manera paulatina se irá cambiando la palabra  por ascensor o por elevador. Mientras tanto y de manera transitoria, se llevará un cartel que indique si se sube o si se baja la escalera. Ya esta preparada una  app para descargar en móvil o tablet en android y apple

sábado, 1 de abril de 2017

Propoñen plantar Marihuana na zona de Ferrolterra xa que non poden plantar patacas.

As asociacións de veciños propuxo á Xunta, que  durante estes anos que a terra quedará sen plantar patacas, como cultivo alternativo déixeselle plantar marihuana con fins medicinais. 

"A terra estaría verde coma se fosen grelos -di un dos veciños-se non vai  aparecer un deserto e logo necesitaremos mais abonos para facela produtiva "
Pola súa banda a Xunta dixo " Xa se esta cultivando a suficiente marihuana en Galcia sen que se vaia a legalizar  nunha zona en concreto "

Pero aínda asi di que esta facendo un estudo por ver se o cultivo do algodón é rendible nese período de tempo, ou o arroz, xa que o cultivo do té sería a mais longo prazo e non esta subvencionado por Europa.

Fontes Inglesas confirmáronnos que sería un bo sitio para abastecerse de té  xa que o Brexit vai facer aumentar o  consumo do liquido patrio.
Seguiremos informando


domingo, 19 de febrero de 2017


GRELOS 

Son as follas dunha variedade de nabo e unha verdura típica da cociña galega a considerar. Abundantes en auga, non destacan polo seu contido en hidratos de carbono, proteínas ou graxas, senón pola súa fibra (un 3,2%), con efectos beneficiosos para previr o estreñimiento, a obesidade, a hipercolesterolemia ou o cancro colorrectal, así como vitaminas, minerais e outras sustancias que melloran a absorción e dixestión doutros alimentos. Son ricos en vitamina A (aínda despois de fervelos, 100 g cobren o 150% das necesidades diarias) e vitamina C (aínda que esta redúcese ao 50% se se cocen en auga). Ademais, esta verdura é unha boa fonte vitamina B9, necesaria para unha boa renovación dos glóbulos vermellos e para previr a anemia (100 g cobren a cuarta parte das necesidades diarias). 

Os grelos e as súas propiedades nutricionais

Os grelos proceden do nabo (Brassica napus e Brassica rapa) e son as follas e talos tenros que aparecen na planta antes da súa floración, durante o inverno. Non se deben confundir coas nabizas, que son as follas e talos tenros desta mesma planta que se recollen antes que os grelos. As nabizas son algo máis suaves que os grelos en sabor e carecen practicamente de talo, pero teñen similares propiedades.

Fonte de saúde

Á parte das propiedades descritas anteriormente, os grelos, tan pobres en graxas, sorprenden así mesmo polo seu contido nunha vitamina liposoluble que adoita escasear nos vexetais, a vitamina E; 100 g achegan a mesma cantidade que o brécol ou o leite de soia, o que supón un 10% da cantidade diaria recomendada.Contribúe a reforzar os sistemas inmunitario, nervioso e cardiovascular, a saúde ocular e a fertilidade.

Entre os minerais destaca a súa achega de manganeso, cobre, potasio, magnesio e ferro. Unha ración cobre o 17% das necesidades diarias de manganeso e o 13% das de cobre. Do mesmo xeito que a vitamina K, estes dous minerais interveñen na formación de hemoglobina, o que xunto á achega de ferro e vitamina C e de folatos, fai dos grelos un valioso aliado ante a anemia. Esta abundancia en vitamina B9 faia así mesmo interesante durante o embarazo para evitar malformacións fetales como a espiña bífida. Como sucede con case todas as follas verdes, os grelos tamén proporcionan calcio, que se asimila moi ben.

A mellor cocción

Esta folla verde ten un sabor inconfundible, que combina un toque acedo con certo amargor. A súa textura é lixeiramente fibrosa pero non dura, aínda que se se quere que queden brandos, se son nabizas terán que cocerse polo menos 20 minutos e os grelos de 30 a 40. Convén lavar ben as follas, aínda enteiras, e partilas ao ilas a cociñar. Para iso póñense en auga abundante e móvense para eliminar a sucidade. Logo se escurren e córtanse en anacos. Tanto en grelos como en nabizas convén cocer os talos 10 minutos antes que as follas.

Na cociña

As nabizas poden tomarse crúas, pero a textura dos grelos resultará algo fibrosa. Podemos engadilos picados sobre unha sopa quente ou escaldarlos 2 ou 3 minutos e arrefrialos de inmediato para crear sorprendentes ensaladas, frías ou mornas. En Italia e o sur de Estados Unidos é habitual comelos así, aderezados cunha vinagreta. En xeral pódense empregar nas receitas que se elaboran con espinacas, acelgas, repolo ou col chinesa.

As cremas resultan fáciles e quedan cunha cor incrible se se cociñan só 5 minutos. Para tortas salgadas tipo pascualina, pizzas ou empanadas é un ingrediente moi saboroso e orixinal. Só hai que ter a precaución de non cocelos moito, escurrirlos ben e picalos finos.
Cocidos e picados ligarán unhas fantásticas croquetas, bolos de vento de pataca ou patacas recheas. O salteado tipo oriental tamén lles senta moi ben. 

Compra e conservación
Ao ir compralos débense elixir os que estean ben verdes, sen follas ou bordos amarelos e sen flores. Pode ir algunha flor de cor mostaza, pero non deben abundar, pola contra serán moi duros e difíciles de cociñar. As follas deben estar tesas e crujientes. Para conservalos gárdanse nunha bolsa perforada no caixón das verduras do frigorífico onde poden permanecer de 3 a 4 días en boas condicións. 
ORELLAS

Ingredientes

4 racións
250 gramos fariña
1 ovo
40 gramos manteiga
Chorrito anis
Chorrito leite
Chisco sae
Pasos
40 minutos
Mesturar a fariña co sal, facer un volcán, engadir o ovo sen bater, a manteiga derretida fría, o leite e o chorrito de anís .
Espolvoreamos a mesa de traballo con fariña, amasamos a mestura ata que colas consistencia e non se pegue aos dedos. Deixámola repousar, tapando cun trapo seco a temperatura ambiente 15 minutos.
Pasado o tempo, dividimos a masa en bolitas, estirámolas co rodete.
Nunha sarten con abundante aceite de oliva, fritimos unha rodaja de limón. (isto é para quitar o sabor do aceite, retírase unha vez frita). Cando estea quente vanse facendo as orellas, déixanse en papel absorbente para eliminar o exceso de aceite e aínda quentes se espolvorea azucre a través dun colador

sábado, 18 de febrero de 2017

1. Nun bol grande bater os ovos cun pellizquito de sal.

2. Agregar a auga e mesturar ben, despois ir botando azucre e removendo ata que se disolva.

3. Ir engadindo a fariña aos poucos, removendo ben para que vaia espesando sen que se formen grumos, ata que se forme unha masa líquida, que se denomina 'amoado'. Se quedan grumos pódese dar unha pasada coa batidora durante uns segundos. Deixar repousar a masa durante unha hora.

4. Quentar unha tixola a lume medio-alto. Botar un podo de touciño de porco (ou manteiga) na base cun garfo ou papel de cociña, untando ben todo o fondo para que non se pegue.

5. Botar un cacito de masa na tixola, ata que se cubra o fondo. Cando a superficie deixe de estar líquida e os bordos dóbrense, dar a volta á filloa con axuda dunha espátula. Deixar un minuto ata que se doure polo outro lado, sacar e encher.

miércoles, 11 de enero de 2017


Muxia, China


Muxia is a place in the region of Guangxi Zhuangzu Zizhiqu in China. Find all facts and information about Muxia.

Facts and figures on Muxia at a glance

Name: Muxia (Muxia)
Status: Place
Region name (Level 1): Guangxi Zhuangzu Zizhiqu
Country: China
Continent: Asia

Muxia is located in the region of Guangxi Zhuangzu Zizhiqu. Guangxi Zhuangzu Zizhiqu's capitalNanning (Nanning) is approximately 349 km / 217 mi away from Muxia (as the crow flies). The distance from Muxia to China's capital Beijing (Beijing) is approximately 1,848 km / 1,148 mi (as the crow flies). 

Maybe also interesting: Distances from Muxia to the largest places in China. 

Facts and figures about Muxia
PlaceStatusPopulationRegion
Muxia MuxiaPlace-Guangxi Zhuangzu Zizhiqu Guangxi Zhuangzu Zizhiqu

Map of Muxia

Datos de mapas ©2017
2 km 
Map of Muxia, China / View larger map of Muxia

Hotels in Muxia

Find your hotel in Muxia now. Book a hotel for your stay in Muxia. 
Hotels in Muxia 

Information on Muxia

Information on Muxia
Place nameRegion name Level 1CountryContinent
Muxia MuxiaGuangxi Zhuangzu Zizhiqu Guangxi Zhuangzu ZizhiquChinaAsia

Time in Muxia

Time in Muxia
Current timeSummer time (DST)Standard timeCurrent timezone offsetTimezone
Wed, 11 Jan 2017 - 11:13pmNoWed, 11 Jan 2017 - 11:13pmUTC +8.0Asia/Shanghai

Geographic coordinates of Muxia

Latitude & Longitude of Muxia
PositionLatitude (width)Longitude (length)
Show on map23°46'06.6"N (23.7685000°)111°34'12.0"E (111.5700000°)

Distances from Muxia

Distances from Muxia
To equator (0° lat)To prime meridian (0° lon)To the largest places
2,634 km north of the equator10,955 km east of the prime meridianDistances from Muxia

Places around Muxia

8 places found within 5 km around Muxia. You can expand the radius of your search:  10 km15 km
Places in the regional area of Muxia
PlacePopulationDistanceRoute
Majing Majing-1.7 km 1.0 mishow
Shanying Shanying-2.2 km 1.4 mishow
Fengmen'ao Fengmen’ao-4.0 km 2.5 mishow
Tangni Tangni-4.1 km 2.5 mishow
Zhongxin Zhongxin-4.2 km 2.6 mishow
Taoyuan Taoyuan-4.5 km 2.8 mishow
Dashanwei Dashanwei-4.5 km 2.8 mishow
Dalang Dalang-4.7 km 2.9 mishow

Airports around Muxia

No airports found within 15 km around Muxia. You can expand the radius of your search:  50 km100 km

External sources of information on Muxia

Muxia on Wikipedia