lunes, 3 de abril de 2017

O VERÁN EMPEZA CANDO O DIGA EU

Nun caso sen precedentes o  concelleiro de festexos do concello de Arteixon  declarou que a festa patronal será o primeiro día de verán, como todos o anos pero que este ano " o verán empeza cando o diga eu" que xa esta moi farto de ver como os veciños de outros concellos gozan das súas festas mentres eles  aguantan as primeiras choivas.
"De min non ri o concelleiro de festas de Proqueixon-  di Angel Perez. concelleiro de Arteixon- este ano voume a reir eu del "
"Cada ano as sardiñas son mais típicas destas datas, engade  Angel, -e xa estamos cansados de facer cocido no verán , por moito que veñan ao pobo os familiares, se queren cocido que llo traian eles "
E o da canoa , aproveitando que chovía , por medio da rúa Real, vai suprimir, "faremos unhas festas de verán como as de Castela, ou as de Valencia, paella, sardiñas e uns petardos".
O concelleiro ensínanos o proxecto dunha  falla para queimar no canto do descenso de canoa.


Todo isto ten que pasar polo pleno do concello. Ten maioría absoluta 

domingo, 2 de abril de 2017

SEMANA SANTA CELTA
 Novos descubrimentos no castro de Castromao,  Celanova, levaron aos historiadores para  dicir que a Semana  Santa xa a celebraban os celtas, "unhas  cantas confrarías-di Pedro Diaz, un dos arqueólogos- aínda estamos por determinar cantas veces salia cada unha  e como era o trono que portaban "
Por outra banda os aldeáns  din que o que se atoparon  en Castromao é simplemente unha mesa esquecida dunha familia que o os anos 70 ía  comer todos os fins de semana, " Iso é a mesa de Pepe "dá Moita" que venia coa súa muller e os seus fillos para comer  sobre todo no verán -engade Luisa dá cavela, mentres non  para de reirse- e para iso estudaron en Santiago?? - volve a reirse.
A  Unión Europea esta disposta a subvencionar  a escavación sempre que saian por Bruxelas cos pasos de semana santa atopados: " Vimos as procesións de Ferrol e de Viveiro- di Philippe Starck membro da comisión de festexos e procesións de Europa- e queremos que Bruxelas teña a súa propia procesión.
 Pedro Diaz  di  que esta escavacións poida que sexan de 1500 ac.

Seguimos informando .

NO SE PODRÁ TENER ESCALERAS EN  GALICIA

La Xunta esta preparando una ley con el fin  de  que las escaleras desaparezcan de  Galicia.
"Estamos  cansados de que cada vez que ve a un  gallego en una escalera, le pregunten si sube o  baja ".

Esta normativa tiene carácter retroáctivo. Por otra  parte la conselleria de educación promoverá que en los colegios se deje de hablar de escaleras de una manera paulatina se irá cambiando la palabra  por ascensor o por elevador. Mientras tanto y de manera transitoria, se llevará un cartel que indique si se sube o si se baja la escalera. Ya esta preparada una  app para descargar en móvil o tablet en android y apple

sábado, 1 de abril de 2017

Propoñen plantar Marihuana na zona de Ferrolterra xa que non poden plantar patacas.

As asociacións de veciños propuxo á Xunta, que  durante estes anos que a terra quedará sen plantar patacas, como cultivo alternativo déixeselle plantar marihuana con fins medicinais. 

"A terra estaría verde coma se fosen grelos -di un dos veciños-se non vai  aparecer un deserto e logo necesitaremos mais abonos para facela produtiva "
Pola súa banda a Xunta dixo " Xa se esta cultivando a suficiente marihuana en Galcia sen que se vaia a legalizar  nunha zona en concreto "

Pero aínda asi di que esta facendo un estudo por ver se o cultivo do algodón é rendible nese período de tempo, ou o arroz, xa que o cultivo do té sería a mais longo prazo e non esta subvencionado por Europa.

Fontes Inglesas confirmáronnos que sería un bo sitio para abastecerse de té  xa que o Brexit vai facer aumentar o  consumo do liquido patrio.
Seguiremos informando


domingo, 19 de febrero de 2017


GRELOS 

Son as follas dunha variedade de nabo e unha verdura típica da cociña galega a considerar. Abundantes en auga, non destacan polo seu contido en hidratos de carbono, proteínas ou graxas, senón pola súa fibra (un 3,2%), con efectos beneficiosos para previr o estreñimiento, a obesidade, a hipercolesterolemia ou o cancro colorrectal, así como vitaminas, minerais e outras sustancias que melloran a absorción e dixestión doutros alimentos. Son ricos en vitamina A (aínda despois de fervelos, 100 g cobren o 150% das necesidades diarias) e vitamina C (aínda que esta redúcese ao 50% se se cocen en auga). Ademais, esta verdura é unha boa fonte vitamina B9, necesaria para unha boa renovación dos glóbulos vermellos e para previr a anemia (100 g cobren a cuarta parte das necesidades diarias). 

Os grelos e as súas propiedades nutricionais

Os grelos proceden do nabo (Brassica napus e Brassica rapa) e son as follas e talos tenros que aparecen na planta antes da súa floración, durante o inverno. Non se deben confundir coas nabizas, que son as follas e talos tenros desta mesma planta que se recollen antes que os grelos. As nabizas son algo máis suaves que os grelos en sabor e carecen practicamente de talo, pero teñen similares propiedades.

Fonte de saúde

Á parte das propiedades descritas anteriormente, os grelos, tan pobres en graxas, sorprenden así mesmo polo seu contido nunha vitamina liposoluble que adoita escasear nos vexetais, a vitamina E; 100 g achegan a mesma cantidade que o brécol ou o leite de soia, o que supón un 10% da cantidade diaria recomendada.Contribúe a reforzar os sistemas inmunitario, nervioso e cardiovascular, a saúde ocular e a fertilidade.

Entre os minerais destaca a súa achega de manganeso, cobre, potasio, magnesio e ferro. Unha ración cobre o 17% das necesidades diarias de manganeso e o 13% das de cobre. Do mesmo xeito que a vitamina K, estes dous minerais interveñen na formación de hemoglobina, o que xunto á achega de ferro e vitamina C e de folatos, fai dos grelos un valioso aliado ante a anemia. Esta abundancia en vitamina B9 faia así mesmo interesante durante o embarazo para evitar malformacións fetales como a espiña bífida. Como sucede con case todas as follas verdes, os grelos tamén proporcionan calcio, que se asimila moi ben.

A mellor cocción

Esta folla verde ten un sabor inconfundible, que combina un toque acedo con certo amargor. A súa textura é lixeiramente fibrosa pero non dura, aínda que se se quere que queden brandos, se son nabizas terán que cocerse polo menos 20 minutos e os grelos de 30 a 40. Convén lavar ben as follas, aínda enteiras, e partilas ao ilas a cociñar. Para iso póñense en auga abundante e móvense para eliminar a sucidade. Logo se escurren e córtanse en anacos. Tanto en grelos como en nabizas convén cocer os talos 10 minutos antes que as follas.

Na cociña

As nabizas poden tomarse crúas, pero a textura dos grelos resultará algo fibrosa. Podemos engadilos picados sobre unha sopa quente ou escaldarlos 2 ou 3 minutos e arrefrialos de inmediato para crear sorprendentes ensaladas, frías ou mornas. En Italia e o sur de Estados Unidos é habitual comelos así, aderezados cunha vinagreta. En xeral pódense empregar nas receitas que se elaboran con espinacas, acelgas, repolo ou col chinesa.

As cremas resultan fáciles e quedan cunha cor incrible se se cociñan só 5 minutos. Para tortas salgadas tipo pascualina, pizzas ou empanadas é un ingrediente moi saboroso e orixinal. Só hai que ter a precaución de non cocelos moito, escurrirlos ben e picalos finos.
Cocidos e picados ligarán unhas fantásticas croquetas, bolos de vento de pataca ou patacas recheas. O salteado tipo oriental tamén lles senta moi ben. 

Compra e conservación
Ao ir compralos débense elixir os que estean ben verdes, sen follas ou bordos amarelos e sen flores. Pode ir algunha flor de cor mostaza, pero non deben abundar, pola contra serán moi duros e difíciles de cociñar. As follas deben estar tesas e crujientes. Para conservalos gárdanse nunha bolsa perforada no caixón das verduras do frigorífico onde poden permanecer de 3 a 4 días en boas condicións. 
ORELLAS

Ingredientes

4 racións
250 gramos fariña
1 ovo
40 gramos manteiga
Chorrito anis
Chorrito leite
Chisco sae
Pasos
40 minutos
Mesturar a fariña co sal, facer un volcán, engadir o ovo sen bater, a manteiga derretida fría, o leite e o chorrito de anís .
Espolvoreamos a mesa de traballo con fariña, amasamos a mestura ata que colas consistencia e non se pegue aos dedos. Deixámola repousar, tapando cun trapo seco a temperatura ambiente 15 minutos.
Pasado o tempo, dividimos a masa en bolitas, estirámolas co rodete.
Nunha sarten con abundante aceite de oliva, fritimos unha rodaja de limón. (isto é para quitar o sabor do aceite, retírase unha vez frita). Cando estea quente vanse facendo as orellas, déixanse en papel absorbente para eliminar o exceso de aceite e aínda quentes se espolvorea azucre a través dun colador

sábado, 18 de febrero de 2017

1. Nun bol grande bater os ovos cun pellizquito de sal.

2. Agregar a auga e mesturar ben, despois ir botando azucre e removendo ata que se disolva.

3. Ir engadindo a fariña aos poucos, removendo ben para que vaia espesando sen que se formen grumos, ata que se forme unha masa líquida, que se denomina 'amoado'. Se quedan grumos pódese dar unha pasada coa batidora durante uns segundos. Deixar repousar a masa durante unha hora.

4. Quentar unha tixola a lume medio-alto. Botar un podo de touciño de porco (ou manteiga) na base cun garfo ou papel de cociña, untando ben todo o fondo para que non se pegue.

5. Botar un cacito de masa na tixola, ata que se cubra o fondo. Cando a superficie deixe de estar líquida e os bordos dóbrense, dar a volta á filloa con axuda dunha espátula. Deixar un minuto ata que se doure polo outro lado, sacar e encher.