sábado, 3 de septiembre de 2016

9  COUSAS  QUE  PENSAN  DE  NÓS
1. A QUEIMADA
Non todos os galegos saben facer unha queimada, nin bailar a muñeira. Iso non vai no ADN. Seica todos os vascos saben facer un marmitako? Ou todos os valencianos unha paella? Pero se algúns non saben nin onde está a cociña?
2. O MARISCO
Pois non, non estamos todo o día poñéndonos mornos de marisco. Nin todos os días largámonos mariscadas pantagruélicas, nin comemos polbo acotío,  como o que masca chicle. En Galicia cómese de todo, como en todas partes, e ademais, dunha calidade excelente. O caso é que os que non son galegos pensan que unha mariscada son dúas patas de centolla e uns berberechos. O marisco forma parte da nosa dieta habitual; un día, en calquera fogar galego, ponse na mesa uns mexillóns ao vapor como entrante ou unhas ameixas á mariñeira de primeiro prato. Pero as mariscadas decadentes e como deus manda fanse só en celebracións ou reunións. Marisco a rodar e albariño para alagar unha coidade. Aí si.
3. TRISTES
Din que os galegos somos xente sombría e gris, aburridos e melancólicos? Poida que abunden máis persoas con este tipo de comportamento, que en lugar habitualmente asollado, como Canarias, pero como estarían vostedes cun clima abundantemente chuvioso e/ou frío, onde tes que pasar gran parte do tempo en casa metido? Cortaríanse as veas como mínimo. Agora voulles a dicirlles algo que, talvez, non saiban, e pregúntolles: coñecen o Club da Comedia ou o tema dos monologuistas? Seguro que si. Pois moitos, e algúns dos mellores, son galegos. Alá onde imos somos os reis do mambo, os putos amos da festa, os que á hora de saír tomámonos a peito o lema dos Inmortais: ?Só pode quedar un?. Pois ese un que queda en pé tras unha noite de esmorga degenerada e etílica, crédeme, sempre será un galleg@.

4. INDECISOS
Isto non é de todo correcto. Non é indecisión. O que pasa é que talvez lle damos algunhas voltas ás cousas, pero logo imos a matar con esa decisión. Non eliximos ou decidimos a treo e logo aos dous días cambiamos de opinión. O non ser un ?catavento? non nos fai indecisos. É que nós apechugamos coas nosas decisións, para ben ou para mal. Poida que un galego tarde moito en decidir onde vai colgar un cadro na súa casa, pero aí vaise aquedar ata o fin dos días. Non chega e pono no primeiro sitio que ve, e aos dous días cámbiao, e así ata que ten a parede como un puto colador.
5. PACHORRUDOS
Mmmm? pois non vexo eu nada malo nisto. E a verdade é que non é de todo certo. Nós vivimos ao noso ritmo, sodes vós, os demais, os que vivides acelerados. Sempre correndo para ir a todas partes, sempre con présas? Tomen nota, e aprendan dos mestres.Mais que parrochudos, temos o noso ritmo de vida

6. MEIGAS
Din que todas as mulleres galegas somos medio bruxas. Claro que si, home! Todas sufrimos a síndrome de ?Panoramix? e en lugar de bolso levamos unha marmita colgada do brazo, e imos recollendo herbas por aí cunha mini fouce. E cando chegamos  a casa facemos pociones máxicas para atopar marido e desterrar o mal de ollo. Ai! Santa paciencia? A explicación é máis sinxela: os homes ámannos e as mulleres envéxannos, porque somos tan guapas, simpáticas e listas que calquera home cae rendido aos nosos pés. Non é que sexa por un sortilegio de amor, é que somos encantadoras? e modestas ^_^ (e temos unha retranca galega que non podemos con ela)
7. RESPONDEMOS CUNHA PREGUNTA
Nós? Seguro? Quen di iso? Respondemos cunha pregunta cando non nos fan a pregunta adecuada. Onde vas? A ti que che importa? Se cho quixese dicir xa cho dixo, cotilla de merda. Así de sinxelo.
8. TODOS NARCOS
Vou acollerme ao momento número 10 e poñer de manifesto este prexuízo. ?Todos os galegos sodes narcos e contrabandistas?. E eu respóndolles cunha pregunta: por esa regra de 3, os da costa de Andalucía son todos traficantes de persoas? Váianse un pouquiño ao carallo.
9. PARVOS
Parvos? xa? e a min entran ganas de learme a hostias co persoal. Parvos porqué? Porque somos traballadores e non uns vagos de merda; parvos porque somos xente e amigos fieis, leais e aínda sabemos que significa ?honra?; parvos por ter educación e non mandar a tomar por cu a alguén que nos incordia coa súa soa presenza ou coas súas estúpidas preguntas; parvos por ser un pobo afable e hospitalario cos nosos e cos de fóra (lembren a traxedia do tren Madrid-Ferrol de hai un mes);  pois se é por todo iso, SE, somos parvos, muuuuuuyyyy parvos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario