A falsa lenda negra da
Costa da Morte
A Costa da Morte, un lugar maldito para
os mariñeiros.
452 buques afundíronse nesa costa desde
a Idade Media
Foi unha escritora inglesa a que acuñou
o nome de 'Costa da Morte'
A prensa iniciou a lenda sobre 'mafias'
que atraían os barcos á costa
Un gato foi o único tripulante dun
barco que encallou en Bergantiños
Xurxo Salgado | Santiago de Compostela
Actualizado domingo 12/02/2012 11:29
horas
Diminúe o tamaño do texto
Aumenta o tamaño do texto
Entre a ría de Muros-Noia e a de
Bergatiños, na Coruña, esténdese unha das costas máis sinuosas e perigosas de
toda a Peninsula. É un lugar cheo de lendas e do que os barcos prefiren fuxir
en época de temporais. Ese pezado de mar que entra na terra, ou esa terra que
pica e enbrutece o mar, é coñecido como a Costa da Morte.
Preto de 100 quilómetros de costa que
teñen o triste récord de naufraxios de Galicia: 452 desde a Idade Media e un
total de 927. E iso, sen ter en conta os que se descoñecen e os da época do
corso marítimo do século XVIII. Precisamente, o investigador Rafael Lema tentou
aclarar as sombras que existen sobre as naves que atoparon nesta esquina do
mundo o seu cemiterio.
[foto da noticia]
'Costa da Morte, un país de soños e
naufraxios' é un libro que recolle e cataloga os naufraxios sucedidos nesta
zona e no que tenta explicar o por que dunha lenda negra que non é tan negra. O
nome da comarca non é galego, senón que foi acuñado pola escritora Annette
Meaking, amiga de réinaa Vitoria, a muller do rei Alfonso XIII.
Sorprendida e arrepiada polos terribles
naufraxios que ocorreran alí a finais do século XIX, acabou refiriendose a ela
como 'Coast of Death'. Corría o ano 1908 e, a partir de entón, por influencia
da prensa inglesa e madrileña empezóuselle a chamar 'Costa da Morte'.
Durante o último cuarto do século XIX e
o primeiro do século XX producíronse graves naufraxios que afectaron
principalmente á mariña inglesa e que acrecentaron a lenda negra da zona.
Primeiro, en 1870, co afundimento en alta mar do 'Captain' da Royal Navy. Uns
anos máis tarde, en 1890, co 'Serpent', un buque escola tamén da Mariña inglesa.
Foron dous dos accidentes que máis vítimas provocaron na historia naval de
Galicia, o primeiro con 487 e o segundo con 175 falecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario