DA FORMACION DO IDIOMA GALEGO
Xa desde o século VIII, e a
medida que os invasores musulmáns consolidan as súas conquistas no sur da
península ibérica, Galicia constitúe unha unidade política cos reinos medievais
de Asturias e León, aínda que mantén certa autonomía que lle permite en
ocasións xurdir como reino independente en momentos puntuais dos século X, XI e
XII. Neste contexto o galego é no seu maior parte unha lingua exclusiva do
ámbito oral, cunha competencia menguante co latín no ámbito escrito. O
progresivo peso demográfico dos galegos falantes aos poucos introduce o galego
xunto ao latín nos documentos notariais, bandos administrativos, preitos, etc.,
aínda que o latín segue posuíndo unha posición cultural superior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario