PAELLA DE POLBO
para 4 persoas enchentes.
?1/2 polbo fervido
2 cuncas de arroz ( 500 grms )
4 cuncas de caldo *
1 pemento vermello pequeno
2 pementos verdes italianos
1 tomate grande relado
1 cucharadita de ñora moída
Colorante
Aceite de oliva e sal
Picado:
2 allos , perexil e dous deditos de coñac
Engadir caldo de peixe ao
concentrado
de caldo de polbo para obter a medida total.
- Por aceite e un chisco de sal na paella ( se usas paellero , hai que
fixarse que estea nivelada )
- Frie lixeiramente o polbo e resérvalo. Rapidito que salta un pouco o
aceite.
- Engade máis aceite se fai falta e fries os pementos . Cando estean
dourados engades o tomate e segue fritindo ata que o tomate estea completamente
frito.
- Botas o arroz , poslle un chisco de sal e remove ben para que o arroz
imprégnese de sofrito( isto é fundamental para que logo o arroz quede solto )
- Engades o picado , disolto co pouquiño de coñac e poslle a ñora moída ,
o colorante e o polbo .
- A continuación o caldo quente (repito quente ) e acomodas o arroz na
paella
E XA NON SE TOCA O ARROZ..
- Pon o lume casí ao máximo
- Proba o caldo e rectifícalo de sal . Ten que estar saboroso para que o
arroz non quede eslamiado.
- Cando o caldo empece a ferver todo por igual contas 5 minutos.
- Logo , baixa o lume ao mínimo , poslle a tapa
e contas exactamente 15 minutos.
Se ao destapalo ves que queda algún gran cru deixa que repouse coa tapa
posta 10 minutos , en caso contrario , retira a tapa e deixa igualmente que
repouse un intre o arroz , que isto tambien é muyyy importante...

No hay comentarios:
Publicar un comentario