A TORRE DE HÉRCULES
A Torre de Hércules foi
construída polos romanos como faro de navegación no século I comprendida a
construción entre os reinados de Nerón e Vespasiano en función dos achados de
fragmentos de terra sigillata e vasos de paredes finas datables entre os anos
40 e 80 de nosa era[cita requirida]. A inscrición ao pé da torre e as
referencias documentais sobre a cidade de Brigantium (A Coruña) revelan a
existencia dun faro da época de Trajano. Na súa base atopouse unha pedra votiva
coa inscrición en latín MARTI AVG.SACR C.SEVIVS LVPVS ARCHTECTVS ÆMINIENSIS
LVSITANVS.EX.VO, o que permitiu identificar o arquitecto autor da mesma como
Cayo Sevio Lupo, orixinario de Aeminium, hoxe Coimbra, en Portugal.
A mención máis antiga á Torre
atópase no Historiæ adversvm Pagáns de Paulo Orosio, escrito cara ao 415-417 d.
C., que di: «Secvndvs angvlvs circivm intendit, ubi Brigantia Gallæciæ civitas
sita altissimvm farvm et inter pavca memorandi operis ad specvlam Britanniæ
erigit» («No segundo ángulo do curso [de circunnavegación de Hispania], onde se
sitúa a cidade de Brigantia Gallæciæ, érguese un faro altísimo entre unhas
poucas obras recordatorias da ruta cara a Britania»).
A torre perdeu, posiblemente,
o seu uso marítimo durante a Idade Media ao converterse en fortificación. Foi
no século XVII (1682) cando o duque de Uceda encargou a restauración
arquitectónica ao arquitecto Amaro Antune, que construíu unha escaleira de
madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde se sitúan dúas
pequenas torres para soportar os fanales. No reinado de Carlos III realizouse a
reconstrución completa. A obra neoclásica terminouse en 1791 baixo a dirección
de Eustaquio Giannini.
A torre era, antes de comezar
a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro
de pedra con dúas portas na parte baixa e xanelas asimétricas que a percorrían
ata o piso superior, e unha mordente helicoidal que chegaba ata a parte
superior. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con
escaleiras de madeira que pertencían á restauración de edificio, harmonizándoa
na súa decoración con marcos superiores de portas e xanelas.
A fachada actual da torre é o
froito da remodelación neoclásica efectuada no século XVIII. No ano 2007, foi
elixida candidata para engrosar a lista de bens culturais Patrimonio da
Humanidade. O 9 de setembro de 2008 se hermanó coa Estatua da Liberdade de Nova
York e o día 25 dese mesmo mes co Faro do Morro da Habana, o máis antigo de
América e un dos emblemas de Cuba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario