sábado, 20 de agosto de 2016


 10 Cousas que facer en Galicia  una tarde de verán se chove.

1-         Ir á praia.Temos a sorte de poder  ir á praia tamén os días de choiva, sempre son mellores os de inverno, pero por que desprezar os de verán?.
2-        Ir algunha festa de patrón que teñamos preto de casa.Sempre haberá unha, incluso algunha festa gastronómica, ata  temos Festa do lagostino.....Os galegos por comer , buscamos calquer escusa.
3-        se orballa é o día perfecto para percorrer unha fraga, o cheiro  a terra  húmida é un dos  cheiros que sempre se conservan na mente, así como o cheiro a herba recentemente cortada.
4-        Escoitar os contos dos avós , non perdamos a tradición oral,todo nin esta escrito  nin esta en Google.
5-        Aprender a facer  empanada,licor  café,licor de herbas..algún día ti poida que queiras  facelo ,os avós non duran toda a túa vida.
6-        Sempre  hai algún alprende onde se pode tocar unha gaita ao redor dunha mesa cuns amigos e rematar cunha queimada.Quen di gaita di guitarra  eléctrica….
7-        Ver como chove . É un privilexio ver chover.Non valoramos o que temos  ata que o perdemos.Isto non é o Sahara.
8-         Ir recoller moras para facer marmelada caseira.
9-         Visitar  con amigos unha de tantas  aldeas abandonadas que temos en Galicia  e facer plans de como o  arranxariamos se tivésemos cartos.
10-    volver ver todas as entradas deste blogue.Unha aperta e grazas por seguirnos




No hay comentarios:

Publicar un comentario