sábado, 13 de agosto de 2016

 Di a lenda que esas terras foron invadidas por serpes e que no seu predicar por alí, San Adrián bateu co pé no chan e as serpes escaparon encantadas para debaixo da pedra, desaparecendo así terrible praga que afectaba a zona. 

Relacionada con esta lenda está tamén a de San Adrián de Malpica, onde se di que este mesmo santo, co seu pé impediu que as serpes pasaran para as Illas Sisargas. Por esta razón, segundo a tradición popular nestas illas non hai este tipo de réptil. 

Como sinal disto, nalgunhas pedras na beira do mar, preto da capela, está gravada a serpe que deixou petrificada o santo, así como a pegada do seu pé.

No hay comentarios:

Publicar un comentario