sábado, 27 de agosto de 2016

A LENDA SAN ANDRÉ DE TEIXIDO

Cóntase que certo día O noso Señor achou moi triste a San André;
O Divino Mestre preguntou sen demora ao seu discípulo cales eran as causas da súa aflición.
En Cedeira está o santuario de San André de Teixido.
San André, que vía como á tumba de Sant Iago ían grandes peregrinacións mentres que a el ninguén viña visitarlle, paseaba melancólico as súas soidades.
Un día atopouse co noso Señor Xesucristo que viña visitarlle e este preguntoulle: "Como é que estás tan triste?"
San Andrés respondeulle: "Ai o meu señor! A pesar de que eu tamén fago milagres como Santiago ninguén se achega por estas paraxes e está o meu santuario baleiro".
O Señor miroulle e sorrindo díxolle: "Non has de ser menos que Santiago.
Prométoche que todo o mundo pasará polo menos unha vez na vida polo teu santuario"
"Moitas grazas, Señor pero como será iso posible?"
"Porque todo aquel que en vida non viñer, terá que pasar por aquí despois de morto".
Por iso ninguén molesta aos animais que andan polos carreiros do santuario, porque di a lenda que eles levan as almas dos que non peregrinaron en vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario