jueves, 18 de agosto de 2016

Por que tes que ir ao Levante  de vacacións  e non a Galicia.  
 1-Teñen máis de 40  graos  á sombra,nós temos que poñer  chaqueta polas noites 
 2-Hai estupendos chiringuitos de praia  onde serven  paellas  por só 25 €  prato,
     aquí ese por ese prezo comemos  soamente un prato de percebes. 
3- -Sempre hai xente na praia ,en Galicia    hai praias desertas onde te sentirás só.
4-Se queres comer nunha terraza  no levante só tes que esperar un par de horas .
    En Galicia , a non  ser Sanxenxo, podes comer sen   facer cola
  5- A auga este tan quente que  parece que  estas dandote un
      baño na túa casa.Nosa auga esta fría e dáche a sensación de estar vivo
  6- Hai xente de todas as nacionalidades, podes aprender idiomas.
      En Galicia con dous, galego e  español arránxas
  7-  No Levante  se vas ás 8 da mañá tes sitio en primeira linea de praia,
       en Galicia a calquera hora que vaias podes coller o sitio que  menos che guste.
  8- Por unha  praia do levante pódeste atopar co teu veciño, cun pouco de sorte.
      En Galicia se queres non te atopas con ninguén só contigo mesmo.
  9- O bo que ten o levante  é que sempre recoñeces a paisaxe e sabes onde estas
      por os edificios, en Galicia pódeste perder por calquera camiño  sen que te deas conta.
10- Por esa zona pódese atopar cun grupo de ingleses  montando unha esmorga ,
      aquí como moito uns madrileños  que saben de todo , pero de todo.
11- Unha vez que  vas  ao Levante, sempre queres repetir.
     Cunha vez que veñas a Galicia  é mais que suficiente.Chegate.
12- Hai cidades de mais de 500.mil habitantes. que tardas dias en percorrer ,
      sempre tes o coche  para facelo.Nós temos cidades mais pequenas  que
      percorres facilmente  case andando.
13- Se  vas por Valencia  podes ver a cidade das artes, aquí soamente temos a Catedral de Santiago

14- A vantaxe desa zona é  a horta ,é fantástica.En Galicia como moito poderás
      comer algo dunha horta de alguén que cultive para o e non o comercializa.
15- A tradición das fogueiras poderás vela en todo o levante, en Galicia como
      moito só poderás estar na praia a noite de San juan facendo unha fogueira ,
      como en Riazor
16- Teñen  a mascletá....fantástica .En Galicia  repártena e están  a tirar
      lumes cada noite  nas verbenas do  patrón.
17- Podes facer surf sen perigo a facertee  dano, en Galicia  ten
      coidado hai ondas de  5 metros e máis.
18- Engade o teu motivo




No hay comentarios:

Publicar un comentario