QUE SIGA O
ENTERRO
Era unha muller
mui folgazana, e non quería traballar. Polo que pasaba fame e estaba tan fraca
que daba pena vela. Un día os veciños foron canda ela e dixéronlle:
- Mira, coma ti calquera día morres de pé e nos andamos atareados no traballo, imos levarte ó cemiterio e asi queda o traballo feito.
Asi fixeron, e cando pasaba o enterro por dianta de unha casa, salíu unha muller caritativa que dixo:
-Non a enterredes, que lle dou eu unha fanega de pan.
Pero, en esto, levantou a cabeza a vella fogazana, e preguntóu:

- Ise pan, ¿é crudo ou cocido?
E, cando lle dixeron que crudo, contestóu:
-Pois que siga o enterro.
É por iso, que moitas veces, cando alguen vaguea, a xente dí
: 'Que siga o enterro'

No hay comentarios:
Publicar un comentario