martes, 16 de agosto de 2016

Un home, que tiñan por medio aparvado, entróu unha vez na botica, e díxolle ao boticario: 
    -¡Ai, señor, cántas moscas ten aquí! 
    -Pois mira - díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un peso. 
    O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seique vinte ou vintecinco. 
    O boticairo iba mirando unha por unha, e íballe dicindo según as separaba: 

    -Esta é "mosco". 
    Separaba outra, e dicía igual: Esta é "mosco". E así todas. Ningunha era moscas, todas eran "moscos". Craro, non llle dieron ningún peso, e fixéronlle a risa. 
    Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e mezclóullo co mel que lle iba a mandar ao boticario. 
    Pasóu o tempo e, un día que foi o home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel. 
    O boticario contestóulle: 
    -Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece que sabía a merda, con perdón. 
    -E máis a tiña  - díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que lle sabe separar as moscas dos moscos, que separe a merda do mel. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario