domingo, 21 de agosto de 2016

SABES QUE  ES GALEGO    CANDO…
1- A  vergoña do  galego
Ou o último anaco de empanada. Ou a última croqueta. A vergoña dos galegos é un topicazo, si, pero deses que existen e non se sabe ben por que. Non é que as nosas nais ensináronnos que é de mala educación ser quen se acaba unha tapa compartida, é que non somos capaces de facelo. Se hai algún non galego no grupo será obrigado a tomarse esa última oliva. Aínda que non lle guste.
2- Sempre  nos queixamos da chuvia, chova ou non chova
Isto funciona así: se chove, quéixasche. Sen parar, ata o infinito. Pero entón para. Unha semana sen choiva completamente feliz. Dúas semanas e notas que a pel se che está secando. Tres semanas e xa falas de seca. Catro semanas e crees que a apocalipse do quecemento global ha chegado e que a Galicia verde vai ser un deserto en tres meses. (Todas as preocupacións desaparecen cando volve chover e volves odiar a choiva e estrañar o sol de forma inmediata).
3- A chaqueta nunca esta de mais.
Sempre. Aínda que esteas en Andalucía en pleno verán, non es capaz de saír de casa sen unha rebequita, por se refresca. E se acertas , sabes que fiches ben .
4-Tes aldea
Ou naciches na aldea ou os teus avós vivían na  aldea, no caso de que  nada diso pasase , os teus pais mandábanche algúns días  de verán a casa dun amigo na aldea
5-Sabes o que é luscofusco
Sabes que en san Xoán, ás once da noite é practicamente de día,,sabes o que é luscofusco. Sempre te queixarás do cambio de hora e sempre dirás que deberiamos ter o horario de Portugal
6-Disfrutas coa comida
Comiches raxo, zorza, vincha e cacheira. E encántanche. Falas da próxima comida cando estas comendo cos amigos.
7-Recoñeces a retranca galega
Sabes quen é Luís Davila e máis dunha  vez compartiches algo seu en Facebook
8-O sonido da gaita o escoitas a varios quilométros
Pode que odias a  gaita, pero cando estas fora e soa unha te pos a chorar, mesmo botas de menos Luar
9-E ti de qyen ves sendo
Cando estas fora ninguén che preguntará  quen son os teus avós, os teus pais.Iso que tanta rabia dáche cando estas en Galicia  bótalo de menos cando estas fora.
10- A comida mediterránea non é a  túa
Se  algunha  vez botas de menos o caldo ou un cocido, un churrasco....e sobre todo  una desas comidas que sabes cando empezan pero non cando  acaban, por que logo veñen as sobremesas, o licor café...


No hay comentarios:

Publicar un comentario