viernes, 19 de agosto de 2016

  QUE NON FACER SE CHE CONVIDAN  A UN CHURRASCO
1-      Aínda que che convide o teu cuñado ,nunca dicir que non,non sabes cando comerás o  próximo …
2-     Se che din que compres a carne, négate sempre, logo se sae  mal,a culpa será túa, pola calidade
da carne ou dos criollos. ou sabe  Deus o que, pero será a túa culpa.
3-Nunca digas que fas ti a salsa chimuchurri, a do que o fai é a mellor do mundo. Lémbrao cando a  tragues e non poñas cara de que...que cona é esta salsa?.
4-Para calcular a cantidade de carne nunca será en función delo que ti comes, sempre en función de canto queres que sobre.
5-Sempre hai un que sabe que cantidade de brasas son necesarias para que se faga  toda a carne, cando salga este tema...xa sabes é o momento de ir a por unha cervexa.
6-Criollos ou chourizos vermellos....esa pregunta sempre esta de máis, dos dous.E a cantidade? Iso é fácil.A metade do cuarto do peso da carne  partido por dúas e multiplicado pola diferenza de peso sobrante da salsa chimichurri. Se están bos sempre se comerían máis, se non o están sempre sobran.
7-Cantas patacas? Que fácil é de responder...se hai churrasco, para que queremos patacas.Sempre  haberá algún que lle encanten as patacas....que vaia a cavalas el e tráiaas.Por que logo..cocidas ou fritidas?-
8-Se vai un arxentino dálle ensaladilla para comer.O seu churrasco sempre será moito mellor.Diracho, sen présas, dándolle voltas e ao final non sabes se lle gustou ou non,pero terías unha consulta de psicólogo gratis.
9-E se vai un arxentino e un  uruguaio..ponos xuntos
e que discutan cal é o mellor dos churrascos e a mellor forma de facelo.Que  saibas que non se van a poñer de acordo.
10-Antes de empezar a comer..dá unha volta pola leira e busca un bo sitio para a sesta.
11-Sabes que a túa avoa non fai churrasco, sempre lle parece que é mellor un cocido , que a carne de churrasco son todo ósos.O churrasco é unha cousa mais moderna.Ela terá preparado uns ovos fritos por se  quedaste con fame.
12-cando digan:"o próximo na túa casa",non digas nada.Como bo galego será o teu momento para que fagas os criollos que queiras, os chourizos vermellos, a cantidade de carne ,as  patacas cocidas , a ensalada de leituga e o chimichurri como tí queiras.As brasas...para iso sempre haberá un experto e será o teu momento para ir por unha cervexa




No hay comentarios:

Publicar un comentario