lunes, 22 de agosto de 2016

78  MANERIAS  DE CHAMAR A CHOIVA EN GALICIA

 arroiada: choiva forte e intensa
babuña: choiva miúda e pouco intensa
babuxa: choiva miúda e pouco intensa
ballón: tromba de auga forte e intensa
balloada: é unha choiva repentina, intensa e prolóngase en varios días
barbaña: choiva miúda e pouco intensa
barbuña: choiva miúda e pouco intensa
barbuza: choiva miúda e pouco intensa
barrallo: choiva miúda e pouco intensa
barrufa: choiva miúda e pouco intensa
barrufo: choiva miúda e pouco intensa
barruñeira: choiva miúda e pouco intensa
barruzada: choiva fina e persistente
barruzo: choiva miúda e pouco intensa, mesturada con néboa
basto: choiva repentina, intensa e curta
bátega: choiva repentina, intensa e curta
bategada: tromba de auga forte e intensa
borralla: choiva miúda e pouco intensa
borrallada: choiva miúda e pouco intensa
boubizo: choiva miúda e pouco intensa
brea: choiva forte e con vento
breca: choiva miúda e pouco intensa, mesturada con néboa
cairo: choiva forte e de duración breve
calistro: trebón de auga fría con vento ou neve miúda
cebra: choiva repentina, intensa e curta, acompañada de vento
cebrina: temporal de choiva e neve con vento forte
cebrisca: temporal de choiva e neve con vento forte
chaparrada: tromba de auga forte e intensa e curta
chaparrazo: choiva forte e intensa e curta
choiva: precipitación en forma de pingas
chuiva: variante dialectal de choiva
chuva: variante dialectal de choiva
chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada de vento forte
chuvasco: precipitación intensa e abundante
chuvieira: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa
chuviñada: choiva miúda e pouco intensa
chuviñeira: choiva repentina, intensa e curta
chuvisca: choiva miúda e pouco intensa
chuviscada: choiva miúda e pouco intensa
cifra: choiva forte e con vento
ciobra: choiva forte e con vento
coriscada: trebón de auga fría con vento ou neve miúda
corisco: trebón de auga fría con vento ou neve miúda
decembra: choiva forte e prolongada habitual en decembro
diluvio: choiva moi abundante e intensa
dioiva: choiva moi abundante e intensa
dioivo: choiva moi abundante e intensa
escarabana: auga moi fría con sarabia
froallo: choiva miúda e pouco intensa
lapiñeira: choiva miúda e pouco intensa
marceada: tempo con claros e choivas propio de marzo
marmaña: choiva miúda e pouco intensa
mera: choiva moi fina que se desprende da néboa mista
morriña: choiva miúda e persistente
morriñada: choiva miúda e persistente
orballada: choiva miúda e de pouca duración
orballeira: choiva miúda e de pouca duración
orballiscada: orballo moi fino, que parece que non chove nada pero non vexas o que molla
orballo: choiva fina e persistente,
patiñeira: choiva fina e persistente
patumeira: choiva fina e persistente
poalla: choiva miúda e pouco intensa,
poallada: choiva miúda e pouco intensa
poallo: choiva miúda e pouco intensa
poalleira: choiva miúda e pouco intensa
salseiro: pingas de auga que producen unha néboa provocada polo vento na superficie do mar
seca-fría: un pequeno torbón provocado polo aire do norte ou sarandón e que non chega case a mollar en terra pero, iso se, é moi frío
torba: auga de choiva mesturada con neve fina
torbada: tromba de auga forte e intensa, tormenta
torboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta
torbón: tromba de auga forte e intensa, tormenta
treboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta
trebón: tromba de auga forte e intensa, tormenta
xistra: choiva e neve con vento moi frío
zarapallada: choiva miúda e pouco intensa
zarracina: choiva abundante con moito vento
zarzallo: choiva miúda e pouco intensa


2 comentarios: