miércoles, 31 de agosto de 2016

  
CAN DE PALLEIRO
Características
Can pastor e de garda fiel e multifuncional, tanto vai coas vacas arreándolas e gardándoas como tamén coida a casa. Gardián de proverbial intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estraños, sendo ademais valente e mordedor, características que o fan un gran colaborador na condución e garda do gando. Cunha gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa vólvese doce e tranquilo.1
É necesario destacar a estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor, polo que este trazo ha de coidarse en extremo, fomentando a selección de exemplares equilibrados e suficientemente socializados. A pesar disto tenden a ter problemas de concentración aínda que xa comeza a desaparecer en certos exemplares.
Mide aproximadamente uns 60 cm e pesa ao redor de 40 kg. A súa cabeza, de forma piramidal, ten as orellas colocadas aos lados e de punta. As súas patas son fortes o que lle fai ser un can atlético.1
O seu pelo pode ser desde cores claras, como o area[cal?], canela ata cores máis escuras como o negro e marrón, así como de capa "alobada".

Temperamento
Can posesivo e coidadoso de si mesmo e de quen convive con el, ladra aos estraños e defende o seu territorio como un bo can lupoide. É ideal para convivir con familias numerosas e con nenos xa que non permitirá que corran ningún risco, ideal para o campo e non para as cidades.

Devanceiros
Os devanceiros do Can de Palleiro son os cans autóctonos de Galicia desde o paleolítico. Comparte unha orixe común co pastor belga, pastor alemán, pastor holandés.
Este can de granxa existiu desde entón en toda Galicia e aínda sendo numerosas as referencias sobre o, tanto orais como literarias, permaneceu no anonimato practicamente ata os nosos días.
Recibe o seu nome en alusión á palleira onde este pastor e gardián adoitaba durmir.

Recoñecemento de raza

A raza está recoñecida pola Xunta de Galicia, por medio da Consellería do Medio Rural e do Mar, e o Ministerio de Medio Ambiente, por medio da publicación en BOE do Real Decreto 558/2001, do 25 de maio,4 5 6 baseados ambos en diferentes estudos científicos encargados con este fin[cita requirida]. Atópase en proceso de recoñecemento pola RSCE e o FCI, xa que actualmente (ao ser unha raza en perigo de extinción) aínda non reúne o número mínimo de exemplares nin de diferentes liñas xenéticas sen devanceiros comunes

No hay comentarios:

Publicar un comentario