lunes, 15 de agosto de 2016

Un rapaz encontróuse coa morte unha vez, e fixéronse mui amigos. Entonces o rapaz díxolle á morte que, xa que eran amigos, que lle iba pedir un favor: que se podía avisar antes de ir por el, que así posía divertirse mellor. A morte prometéulle ao rapaz que así o faría. 
    Despedíronse, e pasaron muitos anos sin que o rapaz recibira ningún aviso da morte. Pero un día presentóuse a morte diante do rapaz, que aora xa iba indo vello, e díxolle que viña por el. O home, todo asustado, díxolle que iso non era o convenido, que quedara de avisalo con tempo, e que éstas non eran palabras. A morte contestóulle: 


    -¿Blanqueóuche o pelo? 
    - Blanqueóu - contestóu o home. 
    - ¿Caéronche os dentes? 
    - Caeron. 
    ¿Cansáronseche as pernas? 
    -Cansaron. 
    ¿Perdiches as forzas? 
    -Perdín. 
    - E logo, ¿qué máis avisos querías? 


No hay comentarios:

Publicar un comentario